Residuos - Tomiño

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na Lei 7/2022, de 8 de abril, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Colectores de pilas e baterías

Os colectores de pilas non son colectores estandarizados, nos que se poden depositar pilas e baterías de toda clase, as cales son altamente contaminantes. Unicamente aceptan baterías de tipo domésticos de maneira que non se inclúen baterías de coche ou aparellos motorizados, as cales deben depositarse nun punto limpo

Colectores de aceite vexetal usado

Colectores de aceite vexetal usado

En diversos puntos del municipio hay colectores específicos de recogida de aceite vegetal usado. Para depositar el aceite, este debe recogerse en una botella de plástico, a cuál se echará bien cerrada al contenedor.

Por aceite doméstico usado entendemos aceite de cociña, nunca aceite de motor. O aceite de motor debe depositarse nun punto limpo para que sexa tratado de maneira adecuada.

Colectores de roupa

Colectores de roupa

Repartidos por diferentes puntos do municipio hai colectores específicos de recollida de téxtiles. Nestes colectores pódense desbotar roupa, calzado, complementos, roupa de casa e xoguetes como peluches. O materia recollido clasifícase, e as prendas non aproveitables recíclanse.

Lámpadas e fluorescentes

As lámpadas e fluorescentes non se deben desbotar nunca ó colector da fracción resto, xa que poden desprender gases nocivos. Para iso, en ferraxerías e puntos de venda de electrodomésticos teñen a obriga de recollelas. O ideal é levalas alí no momento que se quere mercar outra para substituíla.

Centros de distribución deste tipo de funxibles teñen uns pequenos colectores de cartón no seu exterior onde se poden depositar.

Envases de Fitosanitarios

Os restos e envases de fitosanitarios son altamente tóxicos e por lei deben ser xestionados por un canal propio de reciclase e tratamento. Para a eliminación dos mesmos, subministradores e grandes usuarios de fitosanitarios teñen un espazo onde se poden depositar os envases e restos dos mesmo, para os seu posterior tratamento por parte dun xestor autorizado.

Restos de poda e xardín

Restos de poda e xardín

Os restos de poda, terra, céspede, restos de horta ou follas non se poden desbotar nos colectores de RSU.

No seu lugar, a maioría destes restos, poden desbotarse nunha pila de compostaxe, pois tamén é materia orgánica. A única excepción serían os restos de poda, cos cales se pode seguir algunha destas opcións:

- Triturar e utilizar o triturado coma estruturante no proceso de compostaxe .

- Utilizar como leña.

- Queimar, solicitando previamente permiso

Para solicitar o permiso de queima a Xunta de Galicia, debese chamar o 012 ou realizar a trámite telemática que se ten a súa disposición en:

https://queimasweb.xunta.gal/queimasweb/

Unicamente pide o DNI e un correo electrónico para as comunicacións, e é un proceso gratuíto.

Residuos de obras domésticas

Cando se realizan obras na casa, os residuos xerados como entullos, restos de canalizacións, cemento, etc deben depositarse en colectores especiais , instalados pola empresa construtora, xa que non son un residuo de xestión municipal.

Se a cantidade é pequena (1 ou 2 capachos), o Concello está disposto a xestionalo, hay un colector na Nave de URBASER para que depositar estes residuos.

A nave de URBASER está situada en Camiño Novo 3, parroquia de Tomiño, e polas mañás suele estar algún Operario, pero para asegurarse de que esté alguén, o mellor é ir de 12:00 a 13:00.

Residuos voluminosos

Residuos voluminosos

Considéranse residuos voluminosos os mobles, somieres, portas, colchóns, marcos...

Estes residuos deben depositarse nun punto acordado, previa autorización, chamando o teléfono 986 622 001, xa que teñen un sistema de recollida independente.

Débese chamar antes de desbotar nada para acordar o punto de recollida, cun límite de 4 vultos por vivenda. O horario de recollida de voluminosos é durante a mañá do segundo e último xoves de cada mes, de maneira que os voluminosos deben desbotarse no punto acordado o mércores durante a tarde-noite.

Otros Residuos

Residuos tóxicos pouco habituais tales como caldeiros de pintura ou verniz, sprays e aerosois de pintura, radiografías, neumáticos e outros residuos inclasificables debe ser depositados en puntos limpos.

Así que, para unha mellor xestión destes, onte en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello.

Tlf: 986 62 20 01

Correo electrónico: tecnica.medioambiente@tomino.gal

Información de Residuos

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies