25/11/2024
A Praza do Seixo foi hoxe o punto de encontro do alumnado do IES Antón Alonso Ríos e o resto da cidadanía que asistiu á lectura do Manifesto pola eliminación da violencia de xénero, a cargo do grupo “Sachos Violetas” tamén do instituto.
Con pancartas que exhibían reivindicacións e lemas como“Contra a violencia de xénero”, “Somos o berro das que xa non están” ou “No amor non todo vale. Basta de violencia”, os mozos e mozas de Tomiño manifestáronse publicamente.
“Sachos Violetas”, equipo de igualdade e diversidade do IES Antón A. Ríos, está a traballar desde a súa formación,por un futuro libre de discriminacións e violencia. Ao mesmo tempo, buscan implicar á mocidade local, polo que convidaron aos demais estudantes a unirse a eles. Ataviados con distintas vestimentas, polas que as mulleres soen ser discriminadas ou atacadas, os compoñentes do grupo, fixeron fincapé na necesidade de formarse e traballar para acabar con estas actitudes que aínda están, desafortunadamente, arraigadas na sociedade.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa banda, foi a encargada de recibir á rapazada e público en xeral. A rexedora comezou por agradecer o compromiso de todas as persoas presentes “nun día de reivindicación contra a violencia machista; unha xornada na que non temos nada que celebrar e moito que reivindicar”, sinalou.
Segundo a rexedora, a nosa sociedade “ten un fallo enorme, cando a metade da poboación pode ser vítima desta violencia”. Neste sentido, apuntou que “o machismo presente no noso día a día, é o que alimenta esta violencia, e estamos fartas de que este ciclo continúe, de que cada asasinato pase como unha nova máis, sen que a sociedade se paralice”.
Dirixíndose ao grupo “Sachos Violetas”, González asegurou “comprácenos que esteades a traballar con unha mirada feminista que non é máis que a mirada da igualdade…adiante con todas as iniciativas…porque aínda que parece que temos avanzado moito, os pasiños son pequenos e os retrocesos están sempre ao axexo”.
The post A mocidade tomiñesa reúnese na Praza do Seixo para pedir o fin da violencia machista appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies