Noticias e alertas

Tomiño acolle, dentro dos actos do 25N, a presentación do libro “Sempre libres e vivas”

25/11/2024

Este mediodía, dentro dos actos organizados polo Concello de Tomiño, tivo lugar no salón de plenos, a presentación do libro “Sempre libres e vivas” da deseñadora Uqui Permui, creadora da campaña “en negro contra a violencia”. O libro, que é tamén un manual para loitar pola igualdade e en contra da violencia de xénero, reúne gran parte da repercusión enorme que obtivo a campaña dentro e fora de Galicia. “Unha campaña transmedia que se levou a cabo baixo unha perspectiva transversal, comunitaria e en rede, para concienciar á cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social”, explicou a autora.


O texto, en cuxa publicación colaborou o Concello de Tomiño, é o resultado da perspectiva colaborativa da campaña para conseguir que fora un éxito, explicou pola súa parte, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. “A campaña en negro foi máis que unha campaña; foi unha marea de condena á violencia machista en ámbitos e esferas onde nunca entrara”, asegurou a rexedora, comentando que dende o ano 2015, cando comezou a campaña, e o 2022, ano en que rematou, a acción conseguiu que se uniran 148 concellos, 235 colectivos sociais, 72 centros de ensino, 290 empresas e miles de establecementos comerciais.



The post Tomiño acolle, dentro dos actos do 25N, a presentación do libro “Sempre libres e vivas” appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies