Noticias e alertas

Teatro,formación, presentación dun libro e curso de autodefensa para o 25N en Tomiño

19/11/2024

O Concello de Tomiño conmemora o 25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres con teatro, actividades de formación para o alumnado do IES Antón Alonso Ríos, presentación dun libro e curso de autodefensa para mulleres.


O programa arranca o venres 22 de novembro co Curso de Autodefensa para Mulleres, que se desenvolverá até o 27 de decembro. Será na Salgosa de 16.30 a 18.30 horas. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse previamente.


Por outra banda, o alumnado do IES participará dunha actividade formativa denominada “Facendo comandos” con “Sachos Violetas”.


O sábado 23 de novembro continúa a programación con “No solo duelen los golpes”, un monólogo teatral de Pamela Palenciano. Pamela Palenciano é unha actriz andaluza de teatro e activista feminista coñecida pola obra que trae a Tomiño; un relato autobiográfico sobre a violencia de xénero, a través do humor e a ironía.  Será ás 21.00h no auditorio goianés. Entrada 5 euros.


O día 25N o Salón de Plenos do Concello acollerá ás 12h a presentación do libro “Sempre libres e vivas” de Uqui Permui. E media hora despois terá lugar na Praza do Seixo a lectura do manifesto contra a violencia de xénero, a cargo de “Sachos Violetas”, previa marcha do alumnado do IES ata o Seixo.



The post Teatro,formación, presentación dun libro e curso de autodefensa para o 25N en Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies