15/11/2024
Durante a gala anual Vilas en Flor Galicia celebrada este mediodía en Salvaterra de Miño, o noso concello volveu a conseguir o máximo galardón: 4 flores de honra.
Ao seu lado estiveron tan só 5 concellos dos 42 participantes: Allariz, Chantada, Carballo e Salceda de Caselas, presentada por primera vez.
Cada ano Vilas en Flor e a Fundación Juana de Vega apostan por 42 municipios de menos de 40.000 habitantes que mostran o seu compromiso cunha xestión sostible dos espazos verdes e da súa paisaxe.
En total, Galicia recibíu 94 Flores de Honra.
𝐅𝐋𝐎𝐑𝐄𝐒 𝐃𝐄 𝐇𝐎𝐍𝐑𝐀 𝟐𝟎𝟐4:
4 Flores de Honra (5 concellos): Allariz, Carballo, Chantada, Salceda de Caselas e Tomiño
3 Flores de Honra (10): As Somozas, Caldas de Reis, Cambados, Gondomar, Lalín, A Laracha, O Rosal, Salvaterra de Miño, San Sadurniño, Vilagarcía de Arousa.
2 Flores de Honra (17): A Guarda, Abegondo, Arteixo, Coristanco, Cuntis, Leiro, Manzaneda, Marín, Mondariz Balneario, O Carballiño, Oza-Cesuras, Ponteareas, Sada, Sanxenxo, Sarria, Tui, Vimianzo.
1 Flor de Honra (10): A Estrada, A Pobra de Trives, As Neves, Culleredo, Curtis, Mondariz, Mos, Ponteceso, San Xoán de Río, Xinzo de Limia.
O movemento Vilas en Flor Galicia iniciouse en Galicia hai xa sete anos impulsado por Fundación Juana de Vega, Asvinor e Agaexar Asociación Galega de Empresas de Xardinería.
The post Tomiño é distinguida outra vez co máximo galardón na 7ª edición de Vilas en Flor appeared first on Concello de Tomiño.
Máis información