Noticias e alertas

O Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas no XII Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-UNICEF

14/11/2024


Mozas e mozos do noso Consello da Infancia e Adolescencia, acompañados pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, visitaron este martes o Parlamento de Galicia  onde se celebrou o XII Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-UNICEF, unha actividade enmarcada no Pacto Gallego por la Infancia.




O Pleno infantil contou coa participación de nenos, nenas e adolescentes representantes dos grupos e consellos locais de Laracha, Viveiro, Burela, Teo, Moaña, Tui, O Rosal, Nigrán, Ponteareas, Moeche e Tomiño. Durante o acto nenos e nenas entregáronlle ás autoridades unhas lentes azuis (o azul è a cor da esperanza de UNICEF) para que, no desenvolvemento das súas responsabilidades, poidan ter moi presente a mirada da infancia.




O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices , destacou hoxe a necesidade de fortalecer os programas de saúde, así como as campañas de concienciación a favor da saúde mental de nenos e nenas.


Na súa intervención, o xefe do Lexislativo autonómico, referíuse a Barómetro de Opinión da Infancia e Adolescencia 2023-2024 elaborado por UNICEF no que se reflicte que catro de cada dez adolescentes manifesta ter un problema de saúde mental nos últimos doce meses e máis da metade non pediu axuda.


Santalices lembroulles aos nenos e nenas participantes a importancia de buscar axuda no ámbito familiar e no das amizades e, sobre todo, axuda especializada. Nese sentido, o presidente do Parlamento subliñou a importancia de potenciar a escoita activa e a participación de nenos e nenas e dos adolescentes, en clave de saúde mental, en todos os espazos de decisión.



                                                                                      

The post O Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas no XII Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-UNICEF appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies