12/11/2024
O Comité de Seguimento do Programa URBACT IV seleccionou en total 116 Boas Prácticas URBACT entre as case 250 presentadas, destacando o proxecto ‘Olympics4All’ da Eurocidade Cerveira-Tomiño “como unha iniciativa urbana impactante, participativa, integrada, relevante e fácil de transferir a outras cidades europeas”.
Ademais da distinción, as Boas Prácticas URBACT serán os principais actores do URBACT City Festival 2025, que se celebrará do 8 ao 10 de abril de 2025 en Wroclaw, Polonia e suporá unha oportunidade para a Eurocidade de promover a súa iniciativa e para outras cidades europeas de inspirarse e comezar a crear parcerías de proxectos coas cidades URBACT Good Practice interesadas en transferir a súa práctica como parte dunha Rede de Transferencia URBACT.
O éxito do programa de envellecemento activo ‘Olympics4all’ destácase pola introdución da competición como un factor motivacional para aumentar a actividade física entre as persoas maiores, facendo das comunidades lugares máis saudables e inclusivos. Inicialmente pensado como un evento único, a súa popularidade entre as persoas participantes levou aos 10 municipios do Alto Minho así como a municipios do sur da provincia de Pontevedra a promover adestramentos semanais e a financiar competicións anuais, baseadas en algúns dos principios dos Xogos Olímpicos.
Co obxectivo de replicar esta boa práctica noutros territorios envellecidos, implementáronse os proxectos IN COMMON SPORTS e IN COMMON SPORTS + (ERASMUS+), que chegaron a España, Italia, Eslovenia, Hungría e Bulgaria. Ata a data, máis de 1.000 persoas maiores adéstranse semanalmente e participaron en máis de 30 competicións deportivas e xogos intermedios organizados en seis países.
A esencia do proxecto conseguiu alcanzar diversos niveis europeos, obtendo distintos recoñecementos, sendo o máis recente, en 2023, ao gañar o Premio #BeActive Across Generations. A obtención do selo de Boas Prácticas URBACT, cunha puntuación entre o 80 % e o 100 %, foi atribuída polo Comité de Seguimento do URBACT, representado polos Estados Membros e Socios da UE, pola Comisión Europea, polos Países do IPA, polo Comité das Rexións Europeas e polo Consello dos Municipios e Rexións de Europa.
The post O proxecto ‘Olympics4All’ da Eurocidade Cerveira-Tomiño conquista o selo URBACT de Boas Prácticas appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies