10/11/2024
A educación e o benestar da infancia volve ser unha das prioridades para Tomiño neste novo curso escolar. Este mes de outubro o Concello puxo en marcha un ano máis o seu programa de actividades extraescolares gratuítas, nas que este curso se realizarán un investimento de máis de 40.000 euros. Unha iniciativa que permite a máis de 230 nenos e nenas tomiñeses participar en cinco actividades seleccionadas coas ANPAS para ofrecer unha experiencia de lecer, formación e crecemento persoal a alumnado dos ciclos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, subliñou a importancia destas iniciativas para o desenvolvemento e o futuro da rapazada e o compromiso do Concello “para facilitar o acceso de todas as familias tomiñesas a actividades de calidade que fomenten habilidades e valores. Por iso, seguimos apostando por accións que promovan o benestar e a igualdade de oportunidades”.
Entre as extraescolares seleccionadas para este curso atópase unha de nova oferta, ‘Art-Terra’, un espazo de expresión artística para nenos e nenas de 3 a 5 anos a través das emocións e dende a beleza da natureza e a terra. Unha proposta guiada na que a cativada vai experimentar coa súa imaxinación e creatividade con diferentes materiais e elementos naturais e reciclados.
Por outra banda, o alumnado volve participar este curso nas extraescolares de ‘Iniciación á robótica con Lego’, ‘Cociña’, ‘Multideporte’ ou ‘Inglés’, esta última actividade financiada conxuntamente coa ANPA do IES Antón Alonso Ríos e que permite que o estudantado da ESO e Bacharelato reforce as súas competencias na materia e poida preparar os exames oficiais B1 e B2.
A concelleira de Educación, Cristina Martínez, destacou o impacto positivo destas actividades no benestar da comunidade e das familias, sinalando que “ademais de ser unha oferta de formación e lecer, representan tamén unha importante axuda económica para as familias durante o curso”. Con iniciativas como estas e outras accións de apoio, como as axudas de comedor e material escolar, o Concello traballa para facer da educación en Tomiño un proxecto accesible e inclusivo.
Con esta ampla oferta, o Concello reafirma a súa aposta pola educación, entendida como unha peza clave para o crecemento social e o desenvolvemento dos máis pequenos e pequenas, facendo de Tomiño un espazo educativo e de oportunidades para todas as familias.
The post Tomiño reforza o compromiso coa educación destinando 40.000 euros ás actividades extraescolares appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies