06/11/2024
Entradas á venda unha hora antes do espectáculo
Tomiño énchese esta fin de semana de maxia, disfraces e animais singulares con ‘Carnaval animal’, un espectáculo de Luz, micro y punto co que o teatro para toda a familia regresa un domingo máis ao auditorio municipal de Goián. Este 10 de novembro, ás 17.30 horas, o público poderá desfrutar dunha historia entrañable que promete facer rir e emocionar con esta obra nominada ao Premio Oh! 2024 das Artes Escénicas de Asturias a mellor espectáculo para a infancia.
A obra ofrecerá unha viaxe polo bosque onde o cuco se disfraza de araña, o cisne de coello coqueto, o dinosauro se viste de tucano e ata un burro se transforma en unicornio. Todo parece preparado para unha gran festa… ata que aparece o león. Pero este león non é tan fero como parece: detrás do seu ruxido esconde un desexo sincero de atopar amigos e compartir aventuras. O público descubrirá a verdadeira natureza deste león mentres axuda aos seus novos amigos e demostra que ten moito amor que ofrecer.
Un espectáculo inspirado na peza musical de Camille Saint-Saëns titulada ‘El carnaval de los animales’ que conquistará a público de todas as idades. As entradas para acudir ao espectáculo terán un prezo de 3 euros por persoa adulta e de 1,5 euros para menores de 12 anos. As persoas interesadas en asistir poderán mercar as súas entradas de forma presencial no despacho de billetes do propio auditorio municipal de Goián unha hora antes do inicio da obra.
The post Un ‘Carnaval animal’ para desfrutar en familia en Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies