Noticias e alertas

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

04/11/2024

Tomiño continúa firme no seu compromiso coa eficiencia e a sostibilidade no uso da auga cun obxectivo claro: rematar coas fugas. O Concello inviste case 45.000 euros para a posta en marcha dun plan de actuacións para a mellora do rendemento da rede municipal de abastecemento de auga, que xa ten unha eficacia por riba do 80%. Financiado ao 80% por Augas de Galicia e ao 20% con fondos propios do Concello, a finalidade é, como sinala a alcaldesa, Sandra González, “reducir aínda máis as fugas e facer de Tomiño un concello de referencia en eficiencia hídrica e control do consumo”.


A actuación comezou coa instalación de 258 novos contadores volumétricos en edificios de vivendas e co cambio da práctica totalidade dos contadores das bocas de rego e hidrantes, integrando tecnoloxía de telelectura en cada equipo. Estes contadores electrónicos transmiten os datos de consumo en tempo real, “ofrecendo a Concello e veciñanza a posibilidade de ter un control máis exhaustivo do seu consumo, promovendo o aforro e axudando a detectar posibles fugas ou incidencias”, recalca o concelleiro do Ciclo da Auga e Eficiencia Enerxética, Lois Vázquez.


Estes novos dispositivos contan cun sistema de comunicación integrada que envía os datos directamente ao centro de control, garantindo así un seguimento preciso e a detección inmediata de anomalías. Os veciños e veciñas que teñan instalados estes contadores intelixentes estarán exentos do pagamento pola lectura e disporán dunha aplicación móbil para consultar de forma instantánea os seus consumos, recibir notificacións e avisos sobre posibles problemas e incidencias.


Con esta nova actuación, Tomiño dá un paso máis cara a un uso responsable dos seus recursos hídricos e camiña no seu obxectivo “de ser referentes no eido da eficiencia e control do consumo da auga, apostando sempre por mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.


O Concello reitera o seu compromiso co benestar de tomiñeses e tomiñesas e seguirá traballando para mellorar de forma continua a rede de abastecemento de auga. Estas actuacións forman parte da estratexia municipal para garantir un servizo eficiente e de calidade, responsando ás necesidades da veciñanza e asegurando unha infraestrutura sostible para o futuro.


The post Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies