30/10/2024
Será este sábado 2 de novembro ás 21.00 h no auditorio municipal
O auditorio municipal de Goián transformarase esta fin de semana nun lugar de encontro para a mocidade tomiñesa coa proxección de ‘Barbie’ nunha nova sesión de cine con entrada e flocos de millo de balde. O sábado 2 de novembro ás 21.00 horas, os mozos e mozas de Tomiño poderán gozar desta película con éxito de taquilla grazas ao novo programa de cine de balde impulsado polo Concello para achegar a sétima arte á veciñanza de forma gratuíta e accesible, dando así resposta a unha das suxestións plantexadas polo Consello da Infancia e Adolescencia, Voces Novas.
“A mocidade pediu máis espazos de lecer na vila dirixida a ela e, con esta iniciativa, buscamos responder directamente ás súas inquedanzas, ofrecéndolles un acceso sinxelo e gratuíto a actividades culturais como o cine. A proxección deste filme é moito máis que unha noite de cine, é unha aposta por conectar cos nosos mozos e mozas, escoitar as súas voces e facer que o cine forme parte da súa vida cotiá”, subliñou a alcaldesa, Sandra González.
O programa piloto, que o Concello puxo en marcha este outono, está deseñado para achegar o cine a público familiar e xuvenil, permitindo que as familias e os mozos poidan gozar do sétimo arte sen custes e de forma accesible.
The post Cine xuvenil en Tomiño coa proxección de ‘Barbie’ e flocos de millo de balde appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies