Noticias e alertas

Máis de 50 persoas reactívanse co programa de envellecemento activo do Concello de Tomiño

23/10/2024

A actividade abriu xa as súas portas en Tomiño, Barrantes e Tebra, mentres que en Sobrada e Goián farao a principios de novembro. Aínda quedan prazas dispoñibles


Máis de 50 persoas reactívanse co programa de envellecemento activo do Concello de TomiñoO programa Reactívate ponse en marcha. O Concello de Tomiño abriu de novo as portas deste exitoso plan de envellecemento activo e de hábitos saudables, unha nova edición que arranca con máis de 50 persoas inscritas que van dende os 62 ata os 88 anos e que por primeira vez visita as parroquias para achegar esta actividade cada vez a máis persoas maiores do municipio.


Tras o acto de presentación, as actividades botaron xa a andar en Tomiño, Barrantes e Tebra, mentres que nas parroquias de Goián e Sobrada comezarán a principios do mes de novembro á espera de formar grupo. Será unha hora semanal de actividade física e hora e media de cognitiva nas parroquias, espazos nos que o Reactívate aínda conta con prazas dispoñibles. As persoas interesadas en participar poden inscribirse achegándose de forma presencial ao Concello ou chamando por teléfono ao 986 622 001.


A alcaldesa, Sandra González, subliñou a importancia deste programa e destacou que “mellorar a calidade de vida das persoas maiores do noso municipio con actividades que favorezan a participación social e o mantemento das súas facultades físicas e psíquicas é unha prioridade para todas e todos nós”. Por este motivo, o Concello multiplicou este ano o orzamento dedicado ás persoas maiores e implementou novos programas como andainas saudables ou o proxecto ‘Coñecendo das emocións’, un programa pioneiro a nivel municipal en colaboración con Afundación para mellorar a calidade de vida de tomiñeses e tomiñesas a través da xestión das súas emocións no día a día.


A rexedora e o concelleiro de Benestar Social, Rubén García, conversaron cos usuarios e usuarias do Reactívate, expresando o seu orgullo pol a grande acollida do programa e pola participación activa de todas e todos os maiores, que comezan esta semana as sesións con ilusión por aprender e desfrutar das actividades. Ata o vindeiro 11 de xullo, traballarán en propostas como risoterapia, ioga, obradoiros de memoria, roteiros, talleres de creación artística… todas elas enfocadas en mellorar memoria, motricidade e autonomía persoal. “É fundamental fomentar un espazo no que as persoas maiores poidan socializar, aprender e gozar de actividades que enriquezan as súas vidas”, destacou García.


Máis de 50 persoas reactívanse co programa de envellecemento activo do Concello de Tomiño


The post Máis de 50 persoas reactívanse co programa de envellecemento activo do Concello de Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies