Noticias e alertas

Tomiño impulsa a capacitación dixital da veciñanza cun taller de intelixencia artificial

21/10/2024

Celebrarase do 4 ao 14 de novembro na Escola Obradoiro de Goián. As persoas interesadas deberán inscribirse a través da web


A intelixencia artificial xa non é cousa do futuro. Para aproveitar ao máximo as novas tecnoloxías, o Concello organiza un taller de intelixencia artificial para público xeral financiado cos fondos NextGenerationUE a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Con 30 horas de duración, este curso ofrecerá un achegamento accesible e útil para empregar a intelixencia artificial en calquera contorna.


O curso terá lugar na Escola Obradoiro de Goián do 4 ao 14 de novembro, de luns a xoves, en horario de 16.00 a 19.00 horas. As prazas son limitadas, e as persoas interesadas deberán rexistrarse a través do formulario web. Ademais, ao remate do obradoiro, os participantes recibirán un certificado de aproveitamento.


“Este taller é unha oportunidade fantástica para que a nosa veciñanza se forme nunha das áreas con máis potencial de futuro”, sinala a alcaldesa, Sandra González. Como explica a rexedora, dende o Concello “queremos que todos os veciños e veciñas poidan acceder ás ferramentas dixitais que están a transformar o mundo cunha formación de calidade e de balde”.


O curso abordará en sesións presenciais de tres horas diarias como empregar a intelixencia artificial de forma eficiente e adecuada, explorando todas as oportunidades que esta tecnoloxía ofrece en moitos eidos. Unha aposta clara do Concello pola dixitalización e o coñecemento como ferramentas para acabar coa brecha dixital dende todos os ámbitos.


The post Tomiño impulsa a capacitación dixital da veciñanza cun taller de intelixencia artificial appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies