Noticias e alertas

A subida do canon de Sogama incrementará os custos aos tomiñeses e tomiñesas en case 200.000 euros en 2025

18/10/2024

O Concello de Tomiño modificará a taxa en 40€ para facer fronte a este custo e aos máis de 90.000 euros que xa incrementou en 2024


Esta suba, impulsada pola Xunta, suporá un 60% de incremento no custo do tratamento dos residuos e evidencia o fracaso dun modelo centralizador e antiecolóxico


O Concello de Tomiño iniciará o despregue dun novo modelo en 2025 baseado na reciclaxe e na minimización dos envíos a Sogama


En xullo a Xunta comunicou de xeito unilateral e con carácter retroactivo a subida do canon de Sogama de tratamento de residuos municipais, que pasou de 66€/t a 88€/t. Este incremento non previsto nos orzamentos de Tomiño supuxéronlle ás arcas municipais máis de 90.000 euros. Recentemente, a Xunta ven de anunciar que o canon aplicable en 2025 será de 108€/t, o que vai supor un incremento do custo do tratamento dos residuos de máis dun 60% e un custo total nos orzamentos de 2025 de case 200.000 euros.


Como explica o concelleiro de Facenda, Uxío Benítez, “a situación de subida anunciada pola Xunta obríganos a tomar medidas inmediatas para facer fronte á suba do canon e poder cadrar o orzamento”. Segundo o edil, “entendemos que a suba é inxusta polo seu carácter retroactivo e unilateral e porque finalmente temos que pagar os custos dun modelo polo que apostou a Xunta no seu día claramente antiecolóxico e centralizador e que vimos advertindo que estaba obsoleto e que non estaba alineado coas directivas ambientais europeas”.


O Concello de Tomiño levará a pleno este luns 21 de outubro unha proposta de modificación da ordenanza da taxa do lixo incrementando unha cantidade adicional de 40€ para poder facer fronte aos máis de 250.000 euros que a Xunta está repercutindo no Concello de Tomiño. Pola contra, non haberá modificación no caso de comercios, establecementos de hostalaría e empresas, toda vez que require dun estudo rigoroso que garanta unha maior proporcionalidade. Ademais, Tomiño ten unha das únicas ordenanzas de Galicia que mantén as bonificacións a todas aquelas persoas do concello en risco de exclusión social.


Segundo o concelleiro de Facenda, “a crise do modelo da Xunta centralizador e antiecolóxico, baseado no transporte a centos de quilómetros e na incineración, dá a razón ao Concello de Tomiño na procura dun novo modelo”. Por todo isto, o Concello de Tomiño xa está a traballar nun novo modelo dos residuos máis eficiente e adaptado á nosa realidade territorial e que teña un forte compromiso ambiental. Segundo o edil, “Tomiño implementará no 2025 un modelo centrado na minimización dos envíos a Sogama, no tratamento local dos residuos e na corresponsabilización veciñal co que aspiramos a ser o primeiro concello galego que cumpra cos obxectivos ambientais de reciclaxe marcados nas normativas ambientais europeas e cambiar o paradigma para garantir a sustentabilidade económica e ambiental do servizo”.


The post A subida do canon de Sogama incrementará os custos aos tomiñeses e tomiñesas en case 200.000 euros en 2025 appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies