17/10/2024
Comezarán os vindeiros 26 e 27 de outubro nas pistas de atletismo do Mosteiro
Tomiño dá paso ao benestar organizando por primeira vez no concello una actividade de iniciación á marcha nórdica, seis sesións deseñadas para achegar esta modalidade deportiva á veciñanza sen importar a idade ou a forma física. Trátase dunha iniciativa posta en marcha ao abeiro do programa ‘Impacto Saudable’, unha pioneira e completa axenda saudable posta en marcha polo Concello para promover a actividade física e os hábitos de vida saudables entre tomiñeses e tomiñesas.
“O noso obxectivo é impulsar que os nosos veciños e veciñas se acheguen a hábitos saudables dun xeito lúdico e inclusivo, ofertando unha ampla programación de actividades para que os tomiñeses e tomiñesas atopen aquela que se adapte máis ás súas necesidades e gustos e que os axude a mellorar a súa saúde física e mental. Un programa pioneiro que xa fai de Tomiño un exemplo de vila activa e saudable”, destacou a alcaldesa, Sandra González.
As persoas interesadas nesta nova actividade poderán achegarse á marcha nórdica en seis sesións que se desenvolverán os días 26 e 27 de outubro, 9 e 10 de novembro e 16 e 17 de novembro nas pistas de atletismo do Mosteiro. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao pavillón de Goián, garantindo así a continuidade das clases.
A rexedora convida a toda a veciñanza a participar nesta actividade accesible para todas as persoas e con múltiples beneficios para a saúde, como a mellora da resistencia cardiovascular, o fortalecemento dos músculos e a redución do impacto nas articulacións. Con esta técnica, que consiste en camiñar apoiándose nuns bastóns específicos, involúcranse o 90% dos músculos do corpo, o que o converte nun exercicio completo e moi recomendable para persoas de calquera condición física.
Con prazas limitadas, as persoas interesadas poden xa inscribirse a través do formulario habilitado na web municipal.
The post Tomiño apúntase á marcha nórdica nunha nova actividade da súa axenda saudable appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies