11/10/2024
O futuro das vilas pasa polas mans da mocidade, pero… que precisan para imaxinar un plan de vida nelas? Este é o desafío que o proxecto Foro Novo do Baixo Miño pon sobre a mesa a través do teatro foro, unha proposta innovadora que busca dar voz ás inquedanzas da xuventude da comarca e explorar as súas ideas nos escenarios menos convencionais.
Neste camiño, o espazo PrazaCultura de Goián converterase o sábado 26 de outubro ás 19.30 h nun foro de reflexión e acción coa representación de ‘Dálle unha volta’, un foro de reflexión e acción no que un elenco do que forman parte tres mozos e mozas tomiñesas presentarán unha peza creada durante un encontro para mocidade celebrado este verán en Lugo xunto con outros rapaces e rapazas do Baixo Miño.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou que “queremos que a mocidade sexa protagonista activa na construción do seu futuro, que participen e que o fagan dende espazos de creatividade e liberdade”.
O Concello fai un chamamento especial a mozos e mozas de entre 15 e 25 anos para que acudan como público a esta representación. As persoas interesadas en participar poden xa reservar a súa praza a través do formulario habilitado na web municipal.
O proxecto está coordinado pola asociación FOCO e conta coa colaboración dos concellos de Tomiño, así como do Rosal, A Guarda, Oia e Tui, e coa Xunta de Galicia a través do Espazo Xove de Tui. Está cofinanciado pola Unión Europea e todas as actividades que desenvolven son de balde.
The post O Foro Novo do Baixo Miño trae o teatro a Tomiño para repensar o futuro das vilas appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies