Noticias e alertas

A Coral Polifónica pon voz ao outono en Tomiño

09/10/2024

A Coral Polifónica pon un ano máis voz ao outono en Tomiño. Este domingo 13 de outubro os seus máis de 30 compoñentes subiranse de novo ao escenario do auditorio municipal de Goián para facer vibrar ao público cunha actuación que mesturará cancións populares, clásicas e contemporáneas baixo a batuta do director David González.


A paixón pola música non entende de idades e a Coral Polifónica de Tomiño é a proba diso. Xeracións de tomiñeses e tomiñesas formaron ao longo dos anos unha gran familia, comprometida co canto e coa calidade musical. Desde a súa creación en 1997, da man de Teresa Clara Iglesias Ramilo, a coral ten gañado o recoñecemento non só en Galicia, senón tamén a nivel nacional e internacional, con actuacións en España e Portugal.


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida a toda a veciñanza a asistir a este concerto, unha das actuacións “máis agardadas cada ano, onde podemos celebrar a música e o esforzo dun grupo de persoas que, con talento e dedicación, seguen a emocionarnos concerto tras concerto”.


O concerto, que comezará ás 19.00 horas, estará aberta a todos os públicos con entrada de balde. Unha oportunidade única para deixar que o outono soe ao ritmo das fermosas voces da Coral Polifónica de Tomiño.


The post A Coral Polifónica pon voz ao outono en Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies