Noticias e alertas

O Concello de Tomiño contratará a 3 persoas para brindarlle a súa primeira experiencia profesional

08/10/2024

O Concello de Tomiño incorporará este ano ao seu persoal a tres persoas desempregadas para brindarlle a súa primeira experiencia laboral cofinanciado ao abeiro do programa ‘+Emprega nos Concellos’, un proxecto posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para o fomento da empregabilidade para persoas con titulación universitaria, recentemente graduadas.


Xa está pendurado no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica municipal o documento coa información relativa aos criterios de selección e aos perfís profesionais que se solicitarán nos vindeiros días na Oficina de Emprego de Tui, que realizará a sondaxe previa ao proceso selectivo.


O inicio dos contratos está previsto para o 1 de novembro de 2024 e terán unha duración dun ano a tempo completo. As persoas candidatas deberán estar inscritas como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego e cumprir os requisitos da convocatoria, como estar empadroadas preferiblemente en Tomiño ou noutro concello da provincia, estar en posesión da titulación solicitadas, non ter experiencia profesional previa nin realizar ningunha actividade formativa na mesma actividade, ou que non pasaran máis de tres anos dende a terminación dos estudos, entre outros aspectos.


Nesta ocasión búscase unha persoa co Grao en Administración e Dirección de Empresas para o posto de Técnico Medio en Contabilidade Xeral, no que se encargará da xestión de facturas, da tramitación de procedementos das fases de gastos, da elaboración de informes financeiros e orzamentarios, da colaboración na elaboración do orzamento municipal, de proporcionar asesoramento técnico no Concello, da xestión documental do departamento ou de resolver dúbidas ao público xeral sobre recadación municipal.


Contratarse outra persoa con Grao en Administración e Dirección de Empresas para o posto de Técnico Medio de Administración Xeral, un cargo no que colaborará na xestión administrativa de proxectos de promoción económica ou de subvencións para o inicio ou consolidación de proxectos empresariais; na información, tramitación, xestión, seguimento e xustificación de subvencións destinadas a entidades locais; ou na tramitación de expedientes de contratación e reclamacións patrimoniais ou de expedientes administrativos, entre outros aspectos.


Por último, buscarase unha persoa co Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural para o posto de Xestor/a Cultural. Esta persoa sería a encargada de deseñar e planificar a programación cultural do 2025 en colaboración coa técnica do Concello e a concelleira responsable, xestionar a loxística da programación de Nadal e inverno do vindeiro 2024/2025, colaborar na difusión das actividades culturais, colaborar na realización dunha web para poñer en valor o patrimonio etnográfico de Tomiño, xestionar o uso dos espazos culturais do Concello ou realizar un estudo sobre o consumo de cultura no municipio, entre outras responsabilidades.


The post O Concello de Tomiño contratará a 3 persoas para brindarlle a súa primeira experiencia profesional appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies