Noticias e alertas

Aventura sobre rodas na Eurocidade Cerveira-Tomiño co BTT Transibérico 2024

03/10/2024

Inscricións abertas ata o vindeiro 17 de outubro



Pedalear entre fronteiras descubrindo a contorna. Ese será o obxectivo do BTT Transfronteirizo 2024, unha experiencia posta en marcha pola Eurocidade Cerveira-Tomiño que se converterá nunha auténtica viaxe de descuberta da contorna para as e os amantes do ciclismo. Unha xornada deportiva non competitiva que se celebrará o vindeiro 19 de outubro e que contará cun percorrido deseñado para explorar a cultura, a historia, a gastronomía, as tradicións e a contorna natural da Eurocidade ao tempo que se dinamizan o comercio e a hostalería locais.


A saída está prevista ás 08.30 horas (hora portuguesa) dende a Praza da Liberdade de Vila Nova de Cerveira, onde comezará unha ruta inmersiva entre Cerveira e Tomiño que cada unha das persoas participantes percorrerá de forma autónoma usando o GPS. Promovida polos concellos que forman a Eurocidade Cerveira-Tomiño e organizada en colaboración das entidades cerveirense Pedal’Arte e tomiñesa Colibrí ACDR, a xornada agarda contar coa participación de apaixonados e apaixonadas da bicicleta desta contorna e doutras comarcas de España e Portugal.


As e os ciclistas participantes percorrerán camiños forestais e rurais abertos ao público e contarán con seguro, dorsal, abastecemento líquido e sólido, reforzo e baños ao final do percorrido. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse en liña de forma individual ou por grupos ata o vindeiro 17 de outubro.


O BTT Transibérico 2024 irá máis alá dunha ruta deportiva e converterase nunha experiencia inmersiva na riqueza da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Esta actividade enmárcase na operación 0177_Eurocidade_CT_ADAPT_1_P, cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través da convocatoria INTERREG VA POCTEP.


The post Aventura sobre rodas na Eurocidade Cerveira-Tomiño co BTT Transibérico 2024 appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies