30/09/2024
Tomiño continúa coas melloras progresivas nas diferentes estradas e camiños rurais municipais. O Concello ven de captar unha nova subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños rurais 2024-2025.
Os traballos contarán cun orzamento total de case 64.000 euros, preto de 31.000 para a anualidade de 2024 e outros 33.000 para o ano 2025. O investimento estará sufragado a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER), do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e da Xunta de Galicia a través da AGADER.
Este financiamento permitirá ao Concello seguir mellorando o mantemento dos centos de quilómetros de camiños rurais, unha iniciativa que suporá unha mellora importante para a calidade de vida da veciñanza.
The post O Concello continúa coa mellora dos camiños municipais appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies