Noticias e alertas

Tomiño aposta polo deporte e a sostibilidade cunha ambiciosa reforma do pavillón da Carballa

28/09/2024

Tomiño dá un novo paso cara a un futuro máis sustentable e comprometido coa calidade de vida da súa veciñanza. O Concello xa comezou as obras de reforma integral do pavillón da Carballa, unha instalación deportiva esencial no municipio que será modernizada para mellorar tanto a súa funcionalidade como a súa eficiencia enerxética, poñendo en valor un espazo moi utilizado pola comunidade educativa e deportiva tomiñesa.


A alcaldesa, Sandra González, recalcou a relevancia destas obras de mellora, “un proxecto que é unha mostra clara do noso compromiso por mellorar as infraestruturas municipais e poñer ás persoas no centro das nosas políticas. Traballamos para facer do pavillón da Carballa modernizar as instalacións con materiais como chan de madeira que lle outorguen unha nova confortabilidade, algo moi importante ao tratarse dun dos pavillóns de Tomiño con maior uso, polo que centos de rapaces e rapazas pasan cada día, especialmente do instituto”. A rexedora quixo agradecer “a comprensión e o esforzo do IES Antón Alonso Ríos para adaptarse durante o tempo que duren as obras”.


Cun orzamento de case 350.000 euros, as actuacións que se levarán a cabo cambiarán por completo a experiencia de uso do pavillón, solucionando problemas antigos e creando un espazo máis eficiente e confortable.


Un dos puntos clave desta reforma será o cambio completo da cuberta, cun custo de máis de 172.000 euros, un investimento que permitirá resolver os problemas de filtracións que tiña a instalación e mellorar o illamento térmico do edificio. Esta mellora non só prolongará a vida útil do pavillón, garantindo a súa correcta conservación, senón que tamén contribuirá a un aforro enerxético significativo.


Por outra banda, tamén se destinarán máis de 177.000 euros á substitución do pavimento, que será cambiado por un chan areaelástico con acabado de madeira de faia especialmente deseñado para a práctica deportiva. Isto, xunto á instalación de novas luminarias de baixo consumo e dun marcador electrónico de última xeración, garantirán un espazo moderno e funcional, adaptado ás necesidades das actividades deportivas e educativas da comunidade.


“Este pavillón ten unha grande importancia para o instituto, para as actividades extraescolares e para moitas outras iniciativas que levamos a cabo dende o Concello. E todas estas melloras suporán un salto cualitativo tanto na seguridade como na calidade das instalacións para que todas e todos poidan gozar delas nas mellores condicións”, engadiu a alcaldesa.


The post Tomiño aposta polo deporte e a sostibilidade cunha ambiciosa reforma do pavillón da Carballa appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies