Noticias e alertas

O Concello de Tomiño leva por primeira vez ás parroquias o programa Reactívate

28/09/2024


Xa está aberta a inscrición para participar nas actividades que arrancarán o vindeiro 14 de outubro


 


As e os maiores de Tomiño están a piques de comezar unha nova viaxe de benestar e saúde coa nova edición do Reactívate, un programa de envellecemento activo posto en marcha polo Concello en colaboración con AFAGA que mestura actividade física, estimulación cognitiva e lecer para mellorar a calidade de vida de tomiñeses e tomiñesas maiores de 55 anos. Este ano, por primeira vez, a iniciativa ademais de impartirse en Tomiño chega tamén ás parroquias de Barrantes, Tebra, Goián e Sobrada, multiplicando o orzamento dedicado ás persoas maiores nesta actividade.


Para a alcaldesa, Sandra González, este programa municipal “non trata só de poñer en forma ás nosas e nosos maiores, senón de axudarlles a coidar corpo e mente ao mesmo tempo. Queremos que os nosos maiores goces dunha vida activa, en contacto con outras persoas e coa contorna, e o Reactívate ven demostrando dende hai anos que é unha ferramenta marabillosa para conseguilo”.


Dende o 14 de outubro ata o vindeiro 11 de xullo, todas as persoas participantes poderán desfrutar dun completo programa de actividades que inclúen exercicio moderado, estimulación da memoria e dinámicas sociais que fomentan a autonomía persoal. Con prezos asequibles, as sesións realizaranse dúas veces por semana, adaptándose aos ritmos e necesidades das persoas participantes.


Así, en Tomiño as citas serán martes e venres de 10.00 a 12.30 h, mentres que en no pavillón de Barrantes serán luns de 09.00 a 10.00 h e xoves de 09.30 a 11.00 h, na Cultural de Tebra os martes de 16.00 a 17.30 h e os venres de 12.00 a 13.00 horas, na PrazaCultura de Goián os mércores de 12.15 a 13.15 h e os xoves de 11.30 a 13.00 horas e no pavillón de Sobrada os luns de 19.30 a 20.30 h e os martes de 18.00 a 19.30 horas. Nas parroquias as sesións dunha hora corresponden á parte física das actividades, mentres que nas clases de hora e media abordarase a parte cognitiva do programa.


O concelleiro de Benestar Social, Rubén García, destaca a importancia desta nova edición, xa que “levar o programa ás parroquias é un paso adiante para que cada vez máis veciños e veciñas poidan beneficiarse desta oportunidade. Non queremos que ninguén quede atrás, senón que todas e todos se sintan integrados e activos”.


Dende o Concello anímase a todas as persoas maiores de Tomiño a participar neste programa e manter un envellecemento activo. Para inscribirse, as persoas interesadas en participar poden inscribirse no Concello ou a través do formulario habilitado na web municipal.


The post O Concello de Tomiño leva por primeira vez ás parroquias o programa Reactívate appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies