Noticias e alertas

Tomiño puntada a puntada

21/09/2024

A costura volve estar de moda en Tomiño. A OMIX rematará o ano cun novo curso que combina a creatividade e o manexo da máquina de coser co que as persoas interesadas poderán aprender dende cero ou perfeccionar as súas técnicas de patronaxe para novos proxectos téxtiles dun xeito divertido e ameno.


O curso, que arrancará o sábado 28 de setembro, será completamente práctico e está pensado para que cada persoa participantes poida levar un proxecto rematado ao final de cada sesión. Dividido en dous niveis, haberá un grupo de iniciación para que nunca empregara unha máquina de coser e outro de perfeccionamento para que xa teña experiencia e queira afondar en técnicas máis avanzadas. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que “con esta formación buscamos fomentar as habilidades manuais e ofrecer novas oportunidades de aprendizaxe creativa á nosa veciñanza”.


A formación realizarase os sábados 7, 14, 21 e 28 de setembro de 11.00 a 13.00 horas na Praza Cultura de Goián. En total serán oito horas de aprendizaxe en catro sesións distintas coas que mozos e mozas terán unha oportunidade única para desenvolver a súa expresión artística nun ambiente acolledor e guiado.


O curso desenvolverase os sábados ata o vindeiro 9 de novembro na Praza Cultura de Goián, en horario de mañá para o nivel de iniciación, de 11.00 a 14.30 horas, e de tarde para o de costura e patronaxe, de 15.30 a 19.00 horas. As prazas estarán limitadas a 15 persoas na quenda de iniciación e a 20 na de perfeccionamento.


O prezo do taller será de 20 euros por persoas e non estará incluído o material, senón que cada persoa deberá levar a súa propia máquina de coser, teas e costureiro básico. As persoas interesadas poden xa inscribirse a través do formulario habilitado na páxina web municipal.


The post Tomiño puntada a puntada appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies