Noticias e alertas

Tomiño volve mollarse polos ríos na limpeza simultánea impulsada pola asociación Adega

19/09/2024

Tomiño volve a implicarse de novo coa limpeza simultánea de ríos impulsada un ano máis pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega). O Concello participará tamén este ano na décimo sétima edición da iniciativa ‘Móllate polos ríos’, unha xornada levada a cabo ao abeiro do Proxecto Ríos a través da que persoas voluntarias colaborarán na retirada de lixo ao tempo que se visibiliza esta realidade e se conciencia á sociedade sobre a necesidade de manter limpos de residuos os cursos fluviais para garantir a súa saúde.


Este ano o Concello sumarase á xornada de sensibilización e limpeza prevista para o domingo 29 de setembro, abrindo as portas á participación e implicación de toda a veciñanza. Nesta ocasión o lugar de encontro para todas as persoas que queiran participar será a Praza do Seixo, diante da Casa do Concello, ás 10.00 horas.


A concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, convida a toda a veciñanza, entidades, agrupacións e asociacións tomiñesas a unirse a esta iniciativa que cada ano mobiliza a miles de persoas voluntarias por toda Galicia e a través da que se retiran decenas de toneladas de residuos dos ríos e da súa contorna. Para participar na actividade recoméndase levar roupa cómoda para camiñar, luvas, pinchos ou paus ou incluso botas de auga para poder achegarse a recoller os restos que se atopen dentro do cauce do río.


A actividade está aberta a todos os públicos, incluído a menores acompañados dunha persoa adulta. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da páxina web do Concello.


The post Tomiño volve mollarse polos ríos na limpeza simultánea impulsada pola asociación Adega appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies