Noticias e alertas

Cerveira-Tomiño revalida o seu título das olimpíadas senior por quinta vez

16/09/2024

O equipo transfronteirizo Cerveira-Tomiño conquistou por quinto ano consecutivo o trofeo Olympics4All ao abeiro das oitavas olimpíadas senior, que reuniron a pasada semana en Monção a máis de 400 persoas de todos os concellos do Alto Miño, Salvaterra de Miño e Fornos de Algodres e da Associação Portuguesa de Pais e Amigos do Cidadão Deficiente Mental  (APPACDM) de Viana do Castelo.


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, felicitou a todo o equipo da Eurocidade Cerveira-Tomiño pola súa gran fazaña e pola dedicación e esforzo realizados ao longo de todo o ano, adestrando dúas veces por semana de forma supervisada no Parque de Ocio do Castelinho nun encontro interxeracional e transfronteirizo no que os protagonistas son o deporte, a saúde e a convivencia.


Nesta nova edición das Olimpíadas Senior volveu destacar o reforzo de antigas e novas amizades e as experiencias compartidas, ademais dos innumerables beneficios para a saúde e o benestar, xa que o obxectivo principal é que as persoas maiores continúen practicando actividade física no seu día a día e incentiven a outras persoas a sumarse ao envellecemento activo.


Este evento, marcado sempre por un grande espírito deportivo e de convivencia, será organizado en 2015 polo concello de Valença.


The post Cerveira-Tomiño revalida o seu título das olimpíadas senior por quinta vez appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies