Noticias e alertas

Tomiño celebra o Scratch Day 2024 cun seminario gratuíto para a rapazada

12/09/2024

A paixón polos videoxogos convértese nunha oportunidade de aprendizaxe en Tomiño. A Aula CeMIT será o epicentro da creatividade tecnolóxica co seminario Scratch Day 2024, unha actividade de balde que permitirá á rapazada tomiñesa mergullarse no mundo da programación a través de Scratch, unha ferramenta especialmente deseñada para facilitar a todo o mundo a iniciación neste mundo dun xeito divertido e accesible.


Dirixido a mocidade de entre 7 e 15 anos acompañados dunha persoas adulta, este curso de balde celebrarase o sábado 21 de setembro de 09.30 a 13.30 horas. Organizado polo Colexio profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia en colaboración coa Xunta, será impartido por Rockbotic.


Durante o seminario, as e os participantes crearán tres videoxogos inspirados en deportes presentes nos Xogos Olímpicos, incrementando a súa complexidade a medida que avanzan e ofrecendo un emocionante reto para todos os niveis.


A alcaldesa, Sandra González, destacou a importancia de ofrecer na Aula CeMIT de Tomiño este tipo de actividades tecnolóxicas á mocidade, xa que é “unha oportunidade única para que a nosa rapazada descubra a programación dun xeito lúdico e ao mesmo tempo desenvolvan habilidades que poden ser esenciais para o seu futuro”.


As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da páxina web da Aula CeMIT. Poden solicitar máis información e solicitar tamén a súa inscrición na propia aula, situada no Campo da Feira S/N, chamando ao 640 956 714 ou enviando un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal.


The post Tomiño celebra o Scratch Day 2024 cun seminario gratuíto para a rapazada appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies