11/09/2024
Dende o Concello pídese o impulso dun novo modelo de xestión dos residuos
Tomiño plántase contra o taxazo de Sogama. A Corporación municipal levou onte a pleno varias mocións rexeitando de forma firme ao novo incremento do canon de Sogama, unha subida do 60% proposta pola Xunta de Galicia que suporá como mínimo unha suba de máis de 170.000 euros anuais para os vecinos e veciñas de Tomiño.
Despois de notificar en xuño un incremento dun 33,3% no canon, que pasaría dos 66 euros por tonelada ao 88 no ano 2024, a Xunta ven de anunciar unha nova suba prevista para o ano 2025 e que situaría o canon nos 105 euros por tonelada. Aínda sen notificar de forma oficial, este aumento suporía un “sablazo” para os concellos, con efectos alarmantes para Tomiño, consecuencias nos seus orzamentos e impacto directo nos servizos público. E é que se en 2023 o importe pagado a Sogama foi de preto de 267.000 euros, a previsión para este 2024 elévase a máis de 320.000 euros, por riba dos 440.000 para o vindeiro 2025.
Este incremento de costes de Sogama para os concellos, evidencia segundo recolleu onte o pleno o fracaso dun modelo de xestión de residuos baseado en solucións finalistas como a incineración e o depósito en vertedoiro, que sitúa a Galicia na cola no cumprimento das normativas europeas de reciclaxe e non fomenta o tratamento local dos residuos.
The post O Concello de Tomiño denuncia unha nova subida do 60% no canon de Sogama appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies