Noticias e alertas

O Concello asina un convenio con COGAMI para reforzar a inclusión e a atención á diversidade na comunidade

05/09/2024

O Concello de Tomiño formalizou recentemente un convenio de colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) co obxectivo de favorecer a inclusión tanto social como laboral e mellorar a atención á diversidade no concello. Este acordo, que sela unha colaboración que xa levaba anos desenvolvéndose de xeito informal, pretende consolidar as iniciativas emprendidas e maximizar os beneficios para ambas as partes, poñendo a disposición de COGAMI os espazos municipais para as tarefas de información, asesoramento e orientación laboral, así como a realización de charlas ou talleres de sensibilización en materia de discapacidade, actividades vinculadas ao Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego (SIL).


O convenio establece unha serie de proxectos e actividades que promoverán a inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da vida comunitaria, incluíndo o acceso á educación, ao emprego e á participación social. Entre os beneficios previstos, está a posta en marcha de estratexias que faciliten a inserción laboral e o desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade.


O Concello asina un convenio con COGAMI para reforzar a inclusión e a atención á diversidade na comunidadeA alcaldesa de Tomiño, Sandra González, firme defensora da inclusión social, destacou que “este acordo con COGAMI supón un novo paso para a normalización e o respecto aos dereitos de todas as persoas. Comprometémonos a traballar conxuntamente para seguir garantindo que cada cidadán do noso concello teña a oportunidade de desenvolverse plenamente”.


Pola súa banda, o presidente de COGAMI, Anxo Antón Queiruga, destacou a importancia de oficializar esta colaboración, que xa supuxo numerosos beneficios para a comunidade. “A alianza que cultivamos ao longo do tempo permitiunos impulsar proxectos que melloran a calidade de vida das persoas con discapacidade. Agora, con este acordo, poderemos ampliar as nosas actuacións e conseguir un impacto aínda maior”, indicou.


Este acordo marca un fito na aposta do Concello pola igualdade de oportunidades e a convivencia inclusiva, e promete transformar a vida de moitas persoas do municipio. Ademais, reforza a confianza entre administracións e organizacións sociais, sentando as bases para un traballo conxunto máis eficaz no futuro.


The post O Concello asina un convenio con COGAMI para reforzar a inclusión e a atención á diversidade na comunidade appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies