Noticias e alertas

Tomiño impulsa a creatividade da súa mocidade co seu obradoiro de artes plásticas

05/09/2024

Tomiño desata a creatividade da súa mocidade. Todo listo para o novo curso da OMIX, un obradoiro de artes plásticas co que dar pulo á faceta artística da rapazada a través dunha experiencia plástica diferente, onde cada persoa participante poderá explorar a súa creatividade respectando a súa personalidade e dando as ferramentas necesarias para acadar resultados sorprendentes.


A formación realizarase os sábados 7, 14, 21 e 28 de setembro de 11.00 a 13.00 horas na Praza Cultura de Goián. En total serán oito horas de aprendizaxe en catro sesións distintas coas que mozos e mozas terán unha oportunidade única para desenvolver a súa expresión artística nun ambiente acolledor e guiado.


A alcaldesa, Sandra González, subliñou a importancia de actividades coma esta para o desenvolvemento integral da mocidade. “Este obradoiro será unha experiencia moi enriquecedora e unha grande oportunidade para que a nosa rapazada se exprese a través da arte”, recalcou a rexedora, animando a toda a mocidade a participar neste obradoiro.


Con esta iniciativa, o Concello de Tomiño reafirma o seu compromiso co desenvolvemento cultural e educativo da mocidade local, ofrecendo espazos nos que a arte e a creatividade sexan protagonistas. A formación terá un prezo de 15 euros e as persoas interesadas poden xa inscribirse a través do formulario habilitado na páxina web municipal.


The post Tomiño impulsa a creatividade da súa mocidade co seu obradoiro de artes plásticas appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies