Noticias e alertas

Tomiño vai de verbena sinfónica coa Agrupación Musical de Goián

27/08/2024

Tomiño vai de verbena coa Agrupación Musical de Goián. Músicos e músicas xa teñen todo listo para facer desfrutar ao público cunha edición moi especial do seu tradicional concerto de verán, unha cita inesquecible na que tomiñeses e tomiñesas gozarán de balde dunha orixinal ‘Verbena Sinfónica’ este venres 30 ás 22.00 horas na Praza do Seixo.


O espectáculo ofrecerá ao público unha experiencia única na que a tradicional verbena galega será protagonista coa súa mestura de xéneros musicais como o chachachá, a copla, o pop ou o rock e estará enriquecida pola elegancia da música sinfónica. Unha noite de verán máxica chea de música e emocións baixo a dirección musical e os arranxos do mestre e pianista Alfredo Susavila, que reúne a talentosos artistas para crear unha experiencia única.


Os vocalistas Silvia Ferre e Pedro Regueira, acompañados polos instrumentistas Carlos Calviño nas guitarras, Pachi Cruz no contrabaixo e no baixo eléctrico, Carlos Bastón na batería e o propio Alfredo Susavila no piano e teclados, únense para ofrecer un espectáculo cheo de enerxía e creatividade. Unha formación á que se suma a banda da Agrupación Musical de Goián, composta por músicas e músicos apaixonados e dedicados para acadar unha amálgama de sons inesquecible.


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amosou a súa emoción por ofrecer á veciñanza un espectáculo como a ‘Verbena Sinfónica’ da Agrupación Musical de Goián, “unha mostra da capacidade de reinventar as nosas tradicións sen perder a súa esencia. Será. Unha noite para lembrar na que a música unirá a todas as xeracións nunha praza que vibrará como sempre ao son da Agrupación Musical de Goián”.


The post Tomiño vai de verbena sinfónica coa Agrupación Musical de Goián appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies