Noticias e alertas

Remata o Campamento Urbano de Tomiño, unha das xoias da coroa das actividades estivais

07/08/2024

O CEIP Pedro Caselles Beltrán foi o escenario encargado de acoller este verán aos máis de 100 rapaces e rapazas que desfrutaron e aprenderon no Campamento Urbano.


Nesta cita, a cativada de 3 a 12 anos divídense en grupos segundo a súa idade, nos que realizan actividades adaptadas a esta. Ademais, ao tratarse dun campamento co educativo, á vez que os nenos e nenas se divirten aprenden valores como a inclusión, o respecto e o bo trato. E, por outra banda, o traballo cooperativo entre os cativos serve para ver e poñer en valor as diversidades existentes entre eles, que lonxe de facelos diferentes os complementa e os axuda a crecer como persoas.


Outro dos grandes atractivos do campamento é o seu horario, de 9 a 14.00 da tarde, permitindo así unha fantástica oportunidade para a conciliación familiar tan necesaria nas épocas estivais.


As persoas monitoras, a cargo da Cooperativa de Traballo Asociado ALALÁ S. COOP. Galega, teñen unha gran formación e experiencia no ámbito do lecer e do tempo libre, ampliada con formación tamén en igualdade de xénero. Esta educación evidénciase claramente nos métodos de traballo, así como os seus intereses pola natureza e pedagoxías alternativas, poñendo no centro do campamento os coidados das persoas e da natureza.


Ademais, estes monitores e monitoras están capacitados e especializados para traballar con todas  as diversidades que nos podemos encontrar na etapa infantil, o que permite poder incluír no campamento a todos e todas os nenos e nenas, sexan cales sexan as súas situacións, e poidan vivir unha experiencia tan enriquecedora como entretida.


The post Remata o Campamento Urbano de Tomiño, unha das xoias da coroa das actividades estivais appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies