Noticias e alertas

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará en Tomiño o vindeiro 12 de agosto e en Goián o 14

07/08/2024

Tomiño e Goián recibirán a próxima semana a visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue.


No caso de Tomiño, o autobús situarase o luns, 12 de agosto, na Rúa Daniel Calzado Poceiro, en horario de 10h a 14h pola mañá e de 16h a 21h pola tarde. En Goián, pola súa parte, localizarase o mércores, día 14, na parada do autobús (na Carballeira) de 16 a 21 horas.


É relevante mencionar tamén que si se desexa aportar hai que ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kg. Recórdase tamén  que para doar sangue hai que almorzar, e que despois de xantar hai que esperar dúas horas.


Ademais, aquelas persoas que vaian a aportar deberán levar o DNI, pasaporte ou carné de donante.


Esta unidade móbil chega da man da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade, e que cada día mantén abertos sete locais de doazón e despraza dez unidades móbiles, ca finalidade de subministrar compoñentes sanguíneos aos hospitais de Galicia.


A ADOS recorda tamén que os homes poden doar un máximo de 4 veces e as mulleres 3 veces ao ano, deixando pasar entre cada doazón polo menos 2 meses.


The post Unha unidade móbil de doazón de sangue estará en Tomiño o vindeiro 12 de agosto e en Goián o 14 appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies