Noticias e alertas

Tomiño xuntarase este venres para ver e apoiar a Manu Ochoa nos Xogos Olímpicos

01/08/2024

Os nervios e a expectación reinan en Tomiño coa participación nos Xogos Olímpicos do primeiro tomiñés da historia, Manu Ochoa, o padexeiro que competirá na modalidade de kayak cross, que se estrea este ano.


Toda a localidade está entregada co acontecemento, polo que este venres día 2 de agosto poderán reunirse no Mercado de Tomiño para ver a primeira proba na que participa en París. A cita, na que veciños e veciñas animarán ao deportista na distancia, está convocada para as 15.15 h, minutos antes de que teña comezo.


Este primeiro evento será unha proba cronometrada que determinará que deportistas se clasifican para os emparellamentos. E xa nos sucesivos días, no esperado caso de que o tomiñés continúe na competición, poderemos ver no mercado como irá avanzando de rondas o 3 de agosto ás 16.30 h e ás 18.35 h e o día 4 ás 15.30 h, ata chegar á final, o día 5 de agosto.


Nesa xornada celebraranse os cuartos de final, a semifinal e a final de xeito continuado, e de novo a poboación de Tomiño poderá reunirse, neste caso ás 15.40 h, para ver xuntos si Manu consigue volver a casa cunha medalla no pescozo.


Un logro sen dúbida que ben merece o deportista, que dende os seus inicios no club “Os Teixugos” foi un exemplo de traballo e constancia, proclamándose recentemente gañador da Copa do Mundo en Praga.


Unha temporada Olímpica que pasará á historia do concello por partida dobre, coa presenza tamén do tomiñés Daniel Costa como adestrador da Federación Española de Piragüismo.


The post Tomiño xuntarase este venres para ver e apoiar a Manu Ochoa nos Xogos Olímpicos appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies