Noticias e alertas

O ciclo Música&Románico despediuse das igrexas de Tomiño coa actuación de Boroa

30/07/2024

Un ano máis música e arquitectura  foron da man durante todo o mes de xullo en Tomiño grazas ao ciclo Música&Románico, que permitiu achegar á comunidade o seu patrimonio de maneira orixinal e única, despedíndose  ao son das gaitas de Boroa.


Este ciclo, moi aclamado por un público cada vez maior, fai un gran labor patrimonial e cultural, tal e como sinalou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “Música&Románico ofrece unha oportunidade única para resaltar e desfrutar da nosa riqueza patrimonial dunha maneira especial. Enche o noso verán de lecer e cultura, poñendo de relevo tamén o noso patrimonio e gozando del dun xeito diferente”.


Nestas citas de balde, o público tivo a oportunidade de desfrutar durante catro xornadas dunha oferta variada, que comezou o 5 de xullo baixo a batuta de Tor na Igrexa de Santa María de Tebra. Nesta ocasión tratábase dun grupo de folk céltico cun repertorio de temas instrumentais tomados da tradición galega, que soaron de forma única nesta igrexa.


A seguinte cita coa que a música percorreu un dos templos do século XII foi a de Simant Dúo, na que piano e trompeta se fundiron na Igrexa de Santa María de Tomiño, deixando un recordo inesquecible aos asistentes.


Pola súa banda, os encargados de resoar na Igrexa de San Vicente de Barrantes nunha cita única foron Mallou, que co seu formato dúo levaron a Tomiño a súa fusión única de raíz americana e galega neste marco histórico inmellorable.


E a agrupación encargada de pechar esta iniciativa, na que música e arquitectura se funden cun mesmo fin, foron Boroa, que  fascinaron aos asistentes que se atopaban na Igrexa de San Salvador de Tebra cos súa versatilidade coa gaita. Sendo estes afortunados os últimos en escoitar as notas musicais nun dos templos do século XII que acolleron esta edición 2024 do Música & Románico.












The post O ciclo Música&Románico despediuse das igrexas de Tomiño coa actuación de Boroa appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies