Noticias e alertas

O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández encherá de cor as rúas de Tomiño e Cerveira

23/07/2024

As rúas de Tomiño e Cerveira volverán encherse de cabaletes, lenzos e cor co XII Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández. Organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e da Comunidade de Montes de Goián, o vindeiro 18 de agosto celebrarase unha nova edición deste concurso que busca de novo achegar ás e aos amantes da pintura á contorna para que recollan en vivo e en directo as paisaxes ou o acontecer dos distintos puntos marcados nos percorridos a ambas beiras do Miño.


As persoas interesadas poden inscribirse xa de forma gratuíta ata o 16 de agosto a través da páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño. A inscrición será por rigorosa orde de rexistro e unicamente en liña, non se permitirán inscricións presenciais o día do propio concurso. As persoas participantes deberán presentarse o día do certame entre as 09.30 e as 11.30 horas (08.30 e 10.30 horas de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández para que a organización sele e numere o soporte que se empregará para a elaboración do cadro.


As obras rematadas serán presentadas sen asinar e co título no reverso, xunto co cabalete, para a súa exposición na Praza Pintor Antonio Fernández ente as 17.00 e 18.00 horas, hora galega, para a súa cualificación por parte do xurado, que emitirá o seu fallo co nome dos gañadores ás 18.30 h, ás 17.30 h hora portuguesa.

En total repartiranse máis de 2.650 euros en premios nas tres categorías participantes: infantil, ata 11 anos; xuvenil, de 12 a 17 anos; e persoas adultas. Os premios serán outorgados polo Concello de Tomiño, a Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira e a Comunidade de Montes de Goián.


As bases completas poden consultarse na páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño.


The post O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández encherá de cor as rúas de Tomiño e Cerveira appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies