Noticias e alertas

Encontro de xéneros, estilos e realidades con Mallou nunha nova cita co Música&Románico

17/07/2024

O programa Música&Románico continúa a súa andaina cunha nova cita que promete ser inesquecible. O vindeiro venres 19 de xullo, ás 20.30 horas, a igrexa de San Vicente de Barrantes converterase no escenario dun novo concerto de Mallou, un dúo formado por Sabela Rey e Benxamín Vázquez co que o público poderá desfrutar de balde dunha fusión única de música de raíz americana e galega nunha contorna histórica incomparable.


Rendendo homenaxe ao gaiteiro Xoán Bello Mallou, avó de Sabela, de quen toman o nome, a proposta será unha celebración da música e da cultura galega, pero tamén un tributo ás raíces e á historia persoal dos seus integrantes. O público gozará dun repertorio de cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración no xeito de crear de referentes como Narf e sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades.


O Concello de Tomiño puxo este verán en marcha unha nova edición do Música e Románico, un ciclo musical que durante o mes de xullo está a achegar ao público concertos musicais en xoias únicas do século XII. A alcaldesa, Sandra González, subliña a relevancia deste programa “que enche o noso verán de lecer e cultura, poñendo de relevo tamén o noso patrimonio e gozando del dun xeito especial e diferente”. A rexedora convida a toda a veciñanza a asistir a esta nova cita e “desfrutar da nosa historia tamén a través da música”.


The post Encontro de xéneros, estilos e realidades con Mallou nunha nova cita co Música&Románico appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies