Noticias e alertas

Aventura e deporte na Gladiator Junior da Eurocidade Cerveira-Tomiño

16/07/2024

A actividade, única na comarca, está encadrada no Orzamento Participativo Transfronteirizo da Eurocidade



Todo listo para celebrar a primeira Gladiator Race Junior da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Un evento deportivo único na comarca dirixido á infancia e mocidade encadrado no Orzamento Participativo Transfronteirizo que este sábado 20 de xullo reunirá a 400 rapaces e rapazas no Espazo Fortaleza de Goián desfrutando da aventura, do deporte e do aire libre.


Durante a presentación do evento, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, sinalou que “é un orgullo para o Concello de Tomiño organizar o Gladiator Junior, que non só representa unha excelente oportunidade para que a nosa cativada e mocidade desfrute do deporte, senón que tamén subliña a importancia da colaboración transfronteiriza e da convivencia cos nosos veciños e veciñas portuguesas”. Unhas verbas que ratificou o presidente da Cámara Municipal de Cerveira, Rui Teixeira, presente durante o acto.


González destacou que estes xogos, celebrados ao abeiro do Orzamento Participativo Transfronteirizo da Eurocidade Cerveira-Tomiño, “é unha mostra do potencial de traballar conxuntamente para fortalecer os lazos de unidade e para descubrir todas as oportunidades que nos brinda o noso territorio”.


A Gladiator Junior ofrece unha xornada pensada para que cativada e mocidade poidan desfrutar dun día en familia ou en compañía de amigos e amigas facendo deporte ao aire libre dun xeito divertido e orixinal. O evento será totalmente de balde e dividirase en tres categorías para rapaces de 3 a 6 anos, de 7 a 11 e de 12 a 20 anos, adaptando as distancias e os obstáculos a cada unha delas.


As persoas interesadas en participar na Gladiator Junior Eurocidade Cerveira-Tomiño poderán inscribirse ata este xoves 18 de xullo e desfrutar dunha actividade dinámica e inclusiva que promove o deporte entre as novas xeracións e fortalece os lazos entre infancia e mocidade transfronteiriza.


Sandra González convida “a todas e todos a ser parte desta xornada tan especial chea de deporte, convivencia e, de seguro, moito desfrute. Para nós é un orgullo que o Espazo Fortaleza se vaia converter nun punto de celebración da amizade, do traballo en equipo e do fomento da actividade física saudable”.


Esta actividade enmárcase na operación 021_REDE_GOV MINHO, cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través de INTERREG VI-A POCTEP.


The post Aventura e deporte na Gladiator Junior da Eurocidade Cerveira-Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies