16/07/2024
Será o sábado 20 de xullo ás 20.00 h. Inscricións xa abertas na web
Tomiño peregrinará pola súa historia nunha nova cita con Eureka Reto Rural, un proxecto posto en marcha por EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño que permite a todas e todos os participantes achegarse ao territorio dun xeito participativo e divertido a través dun produto turístico orixinal e único. O Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago será o escenario da décima proba deste evento aberto a todos os públicos.
O sábado 20 de xullo as persoas participantes terán a oportunidade de descubrir a historia desta variante do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio con Goián como porta de entrada dende Portugal. Co seu centro urbano asentado antigamente á beira do río, o público poderá realizar unha viaxe no tempo descubrindo os segredos do pasado de Goián mentres gozan dunha actividade ao aire libre na mellor compañía.
O escape room partirá ás 20.00 h da praia fluvial de Goián, fronte ao anfiteatro, para desfrutar dunha ruta circular de dificultade fácil. As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Para as persoas que non poidan desfrutar desta experiencia o día do estreo, o escape room permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.
Sandra González, presidenta de EuRural e alcaldesa de Tomiño, destaca a importancia deste novo desafío de Eureka Reto Rural “para dar a coñecer a veciñanza e visitantes non só o noso concello, senón tamén parte da nosa historia. O Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago é unha ruta de medieval de 200 km de gran valor natural, patrimonial e inmaterial na que levamos tempo traballando para poñer en valor de forma conxunta con Portugal, sendo un símbolo máis da cooperación transfronteiriza que nos define. Unha camiñada que sabemos que será longa, pero que nos permitirá acadar o recoñecemento oficial desta variante pola que levan pasando peregrinos e peregrinas ao longo dos séculos”.
O equipo que remate no menor tempo o escape room de Tomiño gañará unha visita teatralizada ao Pazo de Mos e un almorzo ou cea degustación de produtos típicos na Tapería Flora de Mos. Ademais, o Concello sorteará un lote de produtos de Tomiño e do Baixo Miño.
As seguintes datas, concellos e temáticas dispoñibles tras Tomiño serán:
The post Tomiño peregrinará polo Camiño da Nosa Señora do Norte con Eureka Reto Rural appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies