Noticias e alertas

Tomiño reforza a súa seguridade con dous novos axentes de Policía Local

15/07/2024

O Concello reforza a seguridade en Tomiño coa incorporación de dous novos axentes de Policía Local. Estes efectivos, que se suman ao equipo actual, consolidan o compromiso do Goberno local para mellorar os recursos do corpo de seguridade municipal, aumentando así a calidade de vida da veciñanza.


A alcaldesa, Sandra González, destacou a importancia desta incorporación sinalando que “este reforzo no cadro de persoal da Policía Local non só asegura un servizo máis eficiente e preventivo, senón que tamén reflicte a nosa determinación por seguir dotando de recursos e servizos ao noso municipio”.


Os novos axentes comezaron a súa actividade en Tomiño hai unhas semanas despois de completar o período de formación regulamentaria na Academia Galega de Seguridade, dependente da Xunta de Galicia. Estas dúas novas incorporacións permiten así cubrir as vacantes deixadas por outros dous axentes de policía que solicitaron hai un tempo o seu traslado a Vigo.


The post Tomiño reforza a súa seguridade con dous novos axentes de Policía Local appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies