Noticias e alertas

Comunicado aclaratorio en relación ás obras de urbanización e mellora da contorna da Igrexa da Peregrina de Estás

11/07/2024

O Goberno municipal de Tomiño quere saír ao paso das mentiras e desinformacións manifestadas pola portavoz do Partido Popular de Tomiño, Mónica Otero, aclarando as seguintes cuestións:



  1. O Concello impulsou o proxecto de mellora da contorna da Igrexa da Peregrina de Estás no ano 2022 e, tal e como é preceptivo legalmente dada a súa afección, solicitou a pertinente autorización á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. A proposta do Concello de Tomiño era a creación dunha área empedrada valorizando e recollendo os bens a protexer como a igrexa e o corete, moi semellante á proxectada e autorizada recentemente na contorna da igrexa de Goián.

  2. O 9/5/23 a Directora Xeral de Patrimonio Cultural ditou unha resolución na que resolve textualmente “autorizar as obras de urbanización e mellora da contorna da Igrexa da Peregrina de Estás, no vieiro Est-010, Estás, no concello de Tomiño, coas seguintes condicións: de cara a buscar o menor protagonismo das novas actuacións nas contornas inmediatas dos bens protexidos, non se considera axeitada a combinación dos pavimentos de pedra e formigón na contorna da igrexa e do palco, debendo optarse por unha solución continua nesta zona da praza cun único material (formigón desactivado)”.

  3. O Concello de Tomiño licitou e adxudicou as obras por importe de 375.000 euros. Tal e como manifestou alcaldesa na reunión de presentación do proxecto diante dos veciños e veciñas de Estás, “para o Concello esta é unha decisión inxusta e sen criterio de Patrimonio e dirixirémonos a este organismo para ver se se retractan”. Despois de comunicarnos con Patrimonio da Xunta de Galicia, a contestación foi que a resolución estaba ditada.

  4. Lamentamos que a nova portavoz do PP, Mónica Otero, inicie a súa responsabilidade mentindo aos veciños e veciñas de Tomiño e, ao igual que fixo a súa predecesora, priorizando a defensa partidaria da Xunta en vez da defensa dos intereses do seu concello e da súa veciñanza.

  5. O Concello de Tomiño tramitará a queixa pertinente diante da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e reservarase o establecemento de accións legais ante o que considera “unha resolución inxusta e arbitraria de Patrimonio da Xunta”.


Pódese ver o escrito da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en resposta á autorización solicitada aquí.


The post Comunicado aclaratorio en relación ás obras de urbanización e mellora da contorna da Igrexa da Peregrina de Estás appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies