09/07/2024
Trátase dun evento deportivo para infancia e mocidade enmarcado no Orzamento Participativo Transfronteirizo
Emoción no aire para participar no próximo evento da Eurocidade Cerveira-Tomiño, a Gladiator Race Junior, unha carreira de obstáculos deseñada para diferentes idades organizada ao abeiro do Orzamento Participativo Transfronteirizo, que busca a través dunha das súas liñas de actuación dinamizar máis alá das fronteiras actividades deportivas baseadas nos xogos tradicionais pero tamén nos deportes máis actuais.
Cun límite de 400 prazas en total para a rapazada participante, a Gladiator Race Junior ofrece unha xornada pensada para que cativada e mocidade poidan desfrutar dun día en familia ou en compañía de amigos e amigas facendo deporte ao aire libre dun xeito divertido e orixinal.
O evento celebrarase o vindeiro 20 de xullo pola mañá totalmente de balde no Espazo Fortaleza de Goián, que se converterá no escenario dunha gran carreira de obstáculos en diferentes categorías en función da idade. Os nenos e nenas de 3 a 11 anos poderán ir acompañados ao longo do percorrido dunha persoa adulta, que poderá superar os obstáculos e axudarse entre si para superar as probas.
Os primeiros en saír serán as e os participantes Mini Kids, que inclúe a rapazada de 7 a 11 anos que dende as 10.00 horas percorrerán 1000 metros e deberán salvar 16 obstáculos. Os seguintes serán as e os da categoría Kids, para nenos e nenas de 3 a 6 anos, que deberán superar unha carreira de 500 metros con 12 obstáculos. A carreira sairá ás 10.30 horas.
A categoría Junior, destinada a mozos e mozas de 12 a 20 anos, participará dende as 11.30 horas por equipos mixtos de 5 a 7 compoñentes que terán que enfrontarse a unha carreira de 2,5 km e 25 obstáculos e que deberán chegar como mínimo 5 todas e todos xuntos á liña de meta.
As persoas interesadas en participar na Gladiator Junior Eurocidade Cerveira-Tomiño deberán inscribirse previamente para participar nunha actividade dinámica e inclusiva que promove o deporte entre as novas xeracións e fortalece os lazos entre infancia e mocidade transfronteiriza. Xa está aberto o prazo de inscrición a través da web da Gladiator Race.
Esta actividade enmárcase na operación 021_REDE_GOV MINHO, cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través de INTERREG VI-A POCTEP.
The post 400 prazas dispoñibles para enfrontarse ao reto da Gladiator Race Junior da Eurocidade Cerveira-Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies