Noticias e alertas

Tomiño vive o verán nas rúas

04/07/2024

Este verán o lecer toma as rúas e prazas de Tomiño. O Concello xa ten en marcha unha ampla programación estival con medio cento de propostas de balde cun obxectivo claro: facer desfrutar do municipio a veciñanza e visitantes. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca a variedade e calidade das actividades que se celebrarán ata setembro, “unha axenda cultural dinámica e vibrante deseñada para desfrutar dunha oferta adaptada a todas as idades e intereses de xeito que tomiñeses, tomiñesas e visitantes poidan gozar de alternativas de ocio de calidade e de balde durante todo o verán”.


Unha morea de propostas entre as que non podían faltar programas culturais de grande éxito en edicións anteriores e que neste 2024 regresan para seguir achegando ao público á cultura, historia e patrimonio tomiñés. Entre eles destacan o Peque Verán, máis dunha ducia de actividades para público infantil e familiar para desfrutar na Praza da Mina, na Praza do Seixo e na Praza Pintor Antonio Fernández de Goián dos máis variados espectáculos e do cine ao aire libre.


O Concello saca tamén a música ao aire libre e continúa poñendo en valor as prazas como lugar de encontro e lecer, devolvendo dun xeito integral os espazos públicos ás persoas. Será cunha renovada edición do Son&Serán, unha decena de actuacións musicais na Praza do Seixo e no Espazo Fortaleza de Goián co que vivir e experimentar os máis variados estilos e que incluirá o tradicional concerto de verán da Agrupación Musical de Goián o 30 de agosto ás 22.00 horas.


Centrado tamén no campo musical estará a terceira edición de Música&Románico, un ciclo con grande acollida entre o público que busca poñr en valor o importante patrimonio histórico e artístico que representan as igrexas da época románica das parroquias tomiñesas e que levará durante o mes de xullo a importantes grupos ás igrexas de Santa María de Tebra, Santa María de Tomiño, San Vicente de Barrantes e San Salvador de Tebra.


Súmanse ademais as propostas das Rutas de Artes e Oficios, encontros coas que promocionar a riqueza artística, cultural e patrimonial de Tomiño e que este ano achegará ao público participante aos pescadores do río Miño, á panadaría Camiño Novo, ao taller da artista Pilar Alonso e aos viñedos da Bodega Altos de Torona. Ademais o programa completarase cunha noite de observación astronómica e unha xeira polo Monte Tetón. Xa están abertas na web as inscricións para participar en todas estas actividades.



Tomiño vive o verán nas rúas


Tomiño vive o verán nas rúas


The post Tomiño vive o verán nas rúas appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies